SEECGalicia

Dous grupos galegos no certame de Segóbriga

Os grupos de teatro do I.E.S. Río Miño de Rábade (Lugo) e o grupo SARDIÑA dos I.E.S. Elviña-Paseo das Pontes foron seleccionados para a FASE FINAL da SEGUNDA EDICIÓN do PREMIO NACIONAL PARA GRUPOS DE TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO, modalidade COMEDIA LATINA, organizado polo M.E.C.

Esta fase final vaise celebrar o próximo 2 de xuño no Teatro Romano de SEGÓBRIGA (CUENCA) e nela participará tamén o grupo do I.E.S. Siberia Extremeña de Badajoz.

O grupo Sardiña, dirixido por Ricardo Martín, obtivo o ano pasado o PRIMEIRO PREMIO neste certame e no deste ano ten asegurado, como mínimo, o TERCEIRO PREMIO.