SEECGalicia

ELECCIÓNS 2008: ENVÍO ELECTORAL

A xunta electoral que xestiona todo o referido ás próximas eleccións para a Delegación de Galicia, vai enviar a  próxima semana a todos os socios unha carta por correo ordinario na que se inclúe:

  • a convocatoria da asemblea xeral do 15 de febreiro próximo
  • as instrucións para votar por correo
  • as papeletas de voto e a propaganda electoral que nos envíen as candidaturas
  • sobre oficial para a papeleta de voto
  • certificado do censo

No caso de ter cambiado de enderezo recentemente ou non recibir este envío por calquera outro motivo, ponte en contacto coa secretaría da Delegación e envía os teus datos correctos mediante .