SEECGalicia

Eleccións SEECGalicia 2016

Estimados socios e socias: pola presente comunícovos que hoxe dá comezo o proceso para a elección da próxima Xunta Directiva de SEECGalicia. Logo de ter sido aprobado o censo, este fica exposto no taboleiro de anuncios situado ao lado do despacho 323 da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n. Campus norte, 15782 Santiago de Compostela), comezando hoxe o prazo para a presentación de reclamacións ao censo (que rematará o 07/12/2015) e para a presentación de candidaturas (que concluirá o 12/12/2015). Para o detalle do calendario electoral, podedes consultar o arquivo achegado. Tamén se achega o Regulamento interno da SEEC, en cuxo Título IV e seguintes se atopa regulado o sistema de presentación de candidaturas e, en xeral, de todo o proceso electoral. A elección terá lugar o día 29/01/2016 de 4.00 a 7.30 h. na aula C08 da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n. Campus norte, 15782 Santiago de Compostela). A constitución da Xunta electoral, Comisión electoral e Mesa electoral son os seguintes:

XUNTA ELECTORAL:

Presidenta: Cecilia Criado Boado Vocais: Mª. Teresa Miñambres Gómez Miguel Anxo Meixueiro Rei Fernando Domènech Rey Secretario: Juan Manuel Casal Vicente

COMISIÓN ELECTORAL:

Presidente: Cecilia Criado Boado Vocal: Teresa Amado Rodríguez Secretario: Juan Manuel Casal Vicente

MESA ELECTORAL:

Presidenta: Rodríguez Alonso, Ana Gloria Vocais: Roiz Sánchez, Gema Campos Suárez, Xesús

Suplentes:

Presidente: Fernández Sarceda, José Luis Vocais: Maceira Fernández, Maria Belén Álvarez Lebredo, Fernando Aqueles que queiran exercer o seu dereito de voto por correo, deberán proceder da forma seguinte: 1. deberán solicitar por correo electrónico (ou persoalmente ) á SEECGalicia un certificado de inclusión no censo electoral, que a secretaría de SEECGalicia remitirá por correo ordinario, conxuntamente coas papeletas e sobres oficiais. Neste punto rogamos que precisedes no correo electrónico o voso enderezo actual (podémolo ter desfasado na base de datos), para asegurar o envío por correo ordinario. 2. o elector deberá depositar a papeleta electoral no sobre electoral, e inserilo noutro sobre máis grande coa certificación do censo, que deberá remitir ao seguinte enderezo, onde ficará depositado ata o día da votación. Calquera dúbida ou solicitude de corrección do censo han de comunicarse a secretaria@seecgalicia.org Envíovos un saúdo afectuoso Cecilia Criado Presidenta de SEECGalicia

Documentos de interese:

CALENDARIO ELECCIONES SEECGALICIA SEEC-Reglamento interno CALENDARIO ELECTORAL GENERAL 2016