SEECGalicia

Encontro co escritor e helenista Pedro Olalla

“Grecia: Crisis y Democracia”
Encontro co escritor e helenista Pedro Olalla con motivo da publicación do seu último libro
“Grecia en el aire”: Herencias y desafíos de la antigua democracia ateniense vistos desde la Atenas actual.

Coa intervención de Cecilia Criado e María José Martín

O escritor, profesor, cineasta e recoñecido helenista Pedro Olalla (www.pedroolalla.com) impartirá a conferencia “Grecia: Crisis y Democracia”, o próximo martes 12 de xaneiro de 2016 ás 18:00 horas, convidado por SEECGalicia, que se fixo eco do interese mostrado por moitos dos nosos socios en que Pedro Olalla fose convidado aproveitando a ocasión da súa visita a España.
O acto terá lugar no salón de Graos da Facultade de Filoloxía (Avda. Castelao, s/n. Campus norte 15782 Santiago de Compostela).

Un saúdo afectuoso e feliz ano.
A directiva de SEECGalicia

Cartel 1