SEECGalicia

ÉXITO DO TEATRO DE LUGO 2006

Os días 20 e 21 de abril de 2006 celebrouse en Lugo o Festival de Teatro Greco-latino que a Delegación de Galicia da SEEC vén organizando desde hai varios anos. Asistiron 3.234 alumnos procedentes de toda a nosa comunidade, de Asturias e de León, que ateigaron durante os dous días o auditorio lucen.

Este ano as nosas previsións víronse desbordadas e, como moitos centros quedaron sen prazas, estamos pensando aumentar os días das representación para a próxima edición. Cómpre tamén salientar que esta actividade non sería posible sen o patrocinio do Concello de Lugo e ó interese con que todos a acolledes. Grazas a todos e esperamos contar con vós para a seguinte ocasión.

O programa desenvolto foi o seguinte:

PROGRAMA


DÍA 20 DE ABRIL, XOVES

12:00 Troianas, de Eurípides
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Sardiñeira da Coruña

17:00 Anfitrión, de Plauto
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Sardiñeira da Coruña


DÍA 21 DE ABRIL, VENRES

12:00 Electra, de Sófocles
Grupo Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

17:00 Miles Gloriosus, de Plauto
Grupo Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

Lista de centros que asistiron ás representacións

  • IES Leiras Pulpeiro (Lugo)
  • IES Ánxel Fole (Lugo)
  • IES Sanxillao (Lugo)
  • IES N. Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
  • IES Politécnico (Lugo)
  • IES As Mercedes (Lugo)
  • IES A Piringalla (Lugo)
  • IES Curtis
  • IES Galileo Galilei (Navia)
  • IES Cosme López (A Rúa)
  • IES Saturnino Montojo (Ferrol)
  • IES Fernando Esquío (Neda)
  • Centro Educativo Galén (Lugo)
  • IES Obispo Argüelles (Villablino)
  • IES Valle de Laciana (Villablino)
  • IES Chapela (Redondela)
  • IES Trapero Pardo (Castro Ribeiras do Lea)
  • IES Selgas (Cudillero)
  • IES de Melide
  • Maristas de La Inmaculada (Lugo)
  • IES García Barbón (Verín)
  • IES Luis Seoane (Monteporreiro)
  • IES Sofía Casanova (Ferrol)
  • Colexio Fingoi (Lugo)
  • IES Lagoa Antela (Xinzo)
  • IES A Sardiñeira (A Coruña)
  • IES Río Miño (Rábade)
  • Colexio Peleteiro (Santiago)
  • IES Lois Peña Novo (Vilalba)
  • CPI Atios (Valdoviño)
  • IES Antón Fraguas (Santiago)
  • IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
  • IES Marqués de Sargadelos (S. Cibrao)
  • IES Río Cabe (Monforte)
  • IES Vilar Ponte (Viveiro)
  • IES Arzúa
  • IES Aquis Celenis (Caldas)
  • IES Manuel García Barros (A Estrada)
  • Colexio Sta. María do Mar (A Coruña)
  • Colexio Calasanz Feminino (A Coruña)
  • IES Marqués de Casariego (Tapia de Casariego)
  • IES As Mariñas (Betanzos)
  • IES Sta. Irene (Vigo)
  • IES Eduardo Pondal (Santiago)
  • IES Álvaro de Mendaña (Ponferrada)
  • Colexio O Mosteirón (Sada)
  • IES Xelmírez II (Santiago)
  • IES de Mos (Mos)
  • IES Elviña (A Coruña)
  • Seminario Diocesano (Lugo)
  • IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
  • IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
  • Colexio S. Xosé de Cluny (Santiago)
  • IES Mª Sarmiento (Viveiro)
  • CPI Aurelio Rey (Cuntis)
  • IES Tomiño (Tomiño)
  • CPEB Carlos Bousoño (Boal, Asturias)
  • IES O Couto (Ourense)
  • IES Virgen de la Encina (Ponferrada)