O venres día 25 de maio faleceu en Compostela  o  profesor  de Filoloxía Clásica da  USC  Juan José Moralejo Álvarez, mestre de moitas xeracións  de  filologos clásicos que estudaron na  nosa  Universidade. Alí desenvolveu o seu labor universitario  como catedrático de Grego desde o ano 1971 ata o momento no que  nos sorprendeu a súa morte inesperada. Pertencente a unha estirpe de profesores universitarios, era un home polifacético e asiduo colaborador da prensa galega onde podíamos gozar da súa aguda mirada aos máis variados temas da actualidade.   A súa morte deixa un fondo pesar  non só na comunidade universitaria, senón tamén en todos os profesores de clásicas  que foron os seus alumnos e alumnas.

A directiva de SEECGalicia lamenta a perda dunha persoa tan querida por todos nós e transmite a nosa condolencia  á súa familia.

 Leave a Reply

(required)

(required)

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

   
© 2012 SEEC Galicia Suffusion theme by Sayontan Sinha