SEECGalicia

Festival de Teatro de Lugo 2014: ampliación do prazo de reserva de entradas

A punto de rematar o prazo establecido para a inscripción no Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, aínda quedan entradas para case todas as obras, polo que decidimos manter operativa a páxina mentres haxa prazas. Recordamos que este ano o concurso Odisea ten como tema o teatro, polo que o festival pode ser unha clase práctica e un bo complemento do que os alumnos aprendan nas aulas.