SEECGalicia

Gañador do Concurso de Grego Parnaso 2016

O alumno D. Alejandro Morón Badín do IES Sar de Santiago de Compostela, representante da Sección de Galicia da Sociedade Española de Estudos Clásicos, resultou gañador da fase nacional do Concurso de Grego Parnaso 2016. A esa fase final concorreron os 11 alumnas e alumnos vencedores das diferentes seccións da SEEC. O premio para o gañador é unha bolsa de viaxe de 1.000 euros para asistir a Academia Homérica en Quíos (Grecia) no mes de xullo de 2016. Parabéns para Alejandro e para o seu profesor Xosé Manuel Blanco Roo.