SEECGalicia

Inauguración do Festival de teatro grecolatino Lugo 2010
Onte, coa representación de Electra (Sófocles) e Cásina (Plauto) a cargo do grupo Párodos do IES Siberia Extremeña, de Talarrubias, Badajoz, dirixido por Silvia Pérez Zarco, comezou a edición 2010 do festival grecolatino de Lugo, cunha participación masiva que apunta a un novo récord de espectadores. Hoxe seguirán con "Asamblea de Mujeres" (Aristófanes), para dar paso ao grupo Parrocha, do IES Elviña da Coruña, que collera o relevo esta tarde e mañá, coa representación de "Troyanas" (Eurípides) e "Gemelos" (Plauto).
Aquí queda unha imaxe da representación de Electra, onde aparecen Existo e Clitemnestra, pero podedes visitar o álbum completo.