try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
SEECGALICIA
Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos

Bases e calendario Odisea 2009

logo_odisea copia.gif

Preparándonos xa para unha nova edición do concurso, publicamos as bases e calendario definitivos da edición 2009 da ODISEA.

Descárgaos en *.pdf

Aula de Cultura Clásica DOMUS BAEBIA

NADAL.jpg
Dende Sagunt fannos chegar a boa nova da próxima posta en marcha da Aula de Cultura Clásica DOMUS BAEBIAE SAGUNTINA, un inmellorable destino á hora de programar unha viaxe cos nosos alumnos.
Envíannos tamén un documento cos detalles do proxecto e unha felicitación de Nadal.

VIII Concurso anual europeo "Explorando la lengua y la cultura de la antigua Grecia"

Poñemos á disposición de tódolas persoas interesadas a documentación correspondente a esta proba internacional de grego. Picando nas ligazóns podedes consultar e descargar as bases do concurso, o  "Syllabus" (texto da proba), a folla de inscrición e a lista de centros que xa participaron outros anos (con asterisco os xa inscritos para este ano).

Chiron en Compostela

chiron_santiago.png

Veñen de rematar as xornadas da fase presencial do curso Chiron: Clásicas 2.0 na aula, organizado por SEECGalicia e impartido polos membros do colectivo Chiron. Celebráronse no IES Xelmírez, no campus da universidade compostelana, durante a tarde do vernes e a mañá e tarde do sábado. Cómpre salientar que durante esta última xornada caeu o servidor da Xunta de Galicia e o curso sobre web 2.0 tívose que impartir a golpe de tiza e encerado.
Pero ninguén mellor que os propios participantes para contar a súa experiencia. Aquí tedes unha relación das crónicas que apareceron nos diferentes blogs do Planeta.

  • Luís Inclán: Doceo et disco
  • Susana Losada: Aspasia
  • Encarna D.Ramil: Verba volant, scripta manent
  • Magdalena Zambrano: El taller de Atenea
  • María Elena Díaz Salvado: Arma virumque cano
  • Álvaro P. Vilariño: Dives Gallaecia
  • Fernando Domènech: Per tritam viam
  • Mónica Rodríguez Costas: In itinere
  • Ana Ovando: Voces Griegas
  • Fernando Lillo: Clásicos en Galicia
  • Alexandre Arias: Argonáutica
  • Comezou o prazo de reserva de prazas para o festival de Lugo 2009

    Podes reservar as túas prazas para asistir ao festival cubrindo este formulario.

    Programa de PROSOPON para 2009

    prosopon2009.png

    Descarga dende aquí o programa completo de PROSOPON para os festivais de teatro grecolatino que terán lugar en 2009 nas diversas ses espalladas por toda a xeografía do Estado.

    Esgotadas as prazas para a viaxe a Grecia con alumnos

    Ao longo desta mañá esgotáronse as 40 prazas para a viaxe a Grecia con alumnos.

    Últimas prazas para a viaxe a Grecia con alumnos

    A día de hoxe quedan só 9 prazas, dun total de 40, para a viaxe a Grecia de profesores con alumnos.
    Despois da anulación da viaxe de profesores por falta de xente, semella claro que o que reclamaban os nosos socios era unha proposta onde se puidesen unir varios centros á hora de organizar unha actividade deste tipo. Así, en poucos días esgotáronse case por completo as prazas ofertadas. Aqueles interesados terán que darse présa se queren participar!

    Cómo facelo? Cubrindo este formulario.

    Nova viaxe a Grecia para profesores e alumnos

    Dado que non se cubriu o grupo de profesores para viaxar a Grecia no Entroido, SEECGalicia ofrece agora unha viaxe para profesores con alumnos.
    Esta viaxe está pensada para aqueles profesores que teñan un escaso número de alumnos e non poidan organizar a viaxe a Grecia. SEECGalicia ofrécese para facer de intermediario deste profesorado. Máis información.

    2ª Reunión internacional de investigadores (GIFC - USC)

    O Grupo de Investigación de Filoloxía Clásica do Departamento de Latín e Grego da USC, GIFC, organiza, desde o 25 ao 28 de novembro, a Segunda Reunión Internacional de Investigadores, que terá lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
    O Reitorado, con data de 17 de outubre de 2008, concedeu un crédito de libre configuración para os alumnos da Facultade de Filoloxía da USC. Podes descargar dende aquí o programa.
    Para máis información poden porse en contacto ca directora do Grupo, Dra. Dª Mercedes Díaz de Cerio
    Distribuir contido