SEECGalicia

INDIGNACIÓN !

Esa é a palabra que se achega máis ao sentir de toda a dirección da SEECGalicia diante do anteproxecto da innumerable -xa perdimos a conta- reforma do sistema educativo español. Case 25 anos de perda de peso da ensinanza da cultura e as linguas de Grecia e Roma no ensino secundario. E agora queren xa definitivamente acabar con todos os referentes das raices da nosa cultura occidental na educación deste pais. Tal vez seralle útil ao sistema político-económico que os cidadáns deste pais sexan máis ignorantes e incultos e non teñan a oportunidade de aprender dun pasado, de Grecia e Roma, que aínda está no horizonte da nosa civilización europea e presente en todas as manifestacións culturais e do saber actuais. A todos os socios e as socias da SEEC e a calquera que nos siga nesta web manifestamos que faremos todo o que estea nas nosas máns para parar semellante disparate.