SEECGalicia

José Luis Moralejo, Premio Nacional de Traducción 2009 do Ministerio de Cultura.
José Luís Moralejo, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares, acaba de ser galardoado a finais da semana pasada co Premio Nacional á mellor tradución, outorgado polo Ministerio de Cultura. A obra premiada é Sátiras. Epístolas. Arte Poética de Horacio (Madrid, Gredos, 2008). Aínda que José Luís Moralejo non desenvolve a súa labor docente e investigadora en Galicia, conta con moitos amigos e colegas nestas terras. Por iso, SEECGalicia se suma agarimosamente ás múltiples felicitacións que ten recibido, e deséxalle novos éxitos e parabéns académicos e culturais.