SEECGalicia

LATÍN SIN-XE(L)0, clases de latín abertas, gratuítas e sen gramática

Baixo o patrocinio de SEECGalicia, un grupo de licenciados e estudantes de Filoloxía Clásica veñen de poñer en marcha LATÍN SIN-XE(L)O, clases de Lingua Latina abertas, gratuítas e sen gramática, orientadas a toda idade, nivel de coñecemento e condición.

Sete profesores orientarán ao alumnado: Francisco Millán Rodríguez, Hugo Iglesias Rodríguez, José Carlos Aragunde Sineiro, Héctor Rodríguez Vidal, Sergio Balo García, Óscar Vila Pérez e Joel Varela Rodríguez.

Esta nova iniciativa pretende mellorar a capacidade de comunicación pasiva e activa na lingua latina tanto dos estudantes e licenciados en Clásicas como doutras carreiras. Xorde esta iniciativa como alternativa á ensinanza universitaria oficial e cunha diferente metodoloxía, baseada no manual do profesor danés Hans Örberg.

Non se reciben créditos nin diplomas. A gratuidade do curso e o voluntarismo dos profesores son a clave do éxito deste proxecto, que xa chega aos 70 alumnos, divididos en grupos segundo o seu nivel.

As clases teñen lugar na Facultade de Filoloxía, aula 8, e na Facultade de Historia, aula 12, os xoves de cada semana dende as 18:30 ata as 21:00 horas, cunha pausa intermedia. Outro horario alternativo terá lugar na Facultade de Historia os venres de 16:00  ata as 19:00 horas. En total serán 55 horas distribuídas ao longo de 22 días. O curso finaliza o xoves 26 de maio de 2011.

Máis información no arquivo adxunto. Contacto: