SEECGalicia

Festival de Teatro Grecolatino Lugo 2006 – Programa e reserva de praza

Coordinan

Dulce Estefanía e Mª Teresa Amado.

Lugar

Auditorio “Gustavo Freire”.

Programa

Día 20 de abril, xoves

12:00 Troianas, de Eurípides
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Sardiñeira da Coruña

17:00 Anfitrión, de Plauto
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Sardiñeira da Coruña

Día 21 de abril, venres

12:00 Electra, de Sófocles
Grupo Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

17:00 Miles Gloriosus, de Plauto
Grupo Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

As reservas

Os centros reservarán entrada enviando unha mensaxe ó fax 981 57 46 46 á atención de Dulce Estefanía ou directamente cubrindo un Formulario que sairá na web.

Prazo

Poderán facerse dende o 21 de novembro de 2005 ata o 27 de xaneiro de 2006.

Aportación por alumno e lugar de ingreso

Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela.

Follas de pagamento

Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento
cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de pago non teñan sido recibidas nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.

* A folla de pagamento envíase ós centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado. Tamén se pode descargar aquí.

Xustificante de pago bancario

Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela. No caso de utilizar o correo Electrónico a dirección é: secretaria@seecgalicia.org.

Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.

Envío de obras e entradas

A partir do 1 de febreiro de 2006.

Contactos

Dulce Estefanía, tfn. 981 56 31 00, extensión 11844 (horario de lunes a venres de 11:30 a 13:30).

Visitas

En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial.
Alrededores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda (ninfeo) e castro de Viladonga con museo didáctico.
Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61
Web do Concello de Lugo

Patrocina

Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC