SEECGalicia

Festival de Teatro Grecolatino 2007: Programa e reserva de praza

Coordinadora

Dulce Estefanía e Mª Teresa Amado

Lugar

Auditorio “Gustavo Freire”.

Programa

Día 16 de abril, Luns

12:00 Fenicias, de Eurípides
Grupo Arthistrión
de Villaviciosa de Odón, Madrid

17:00 Cestita, de Plauto
Grupo Arthistrión
de Villaviciosa de Odón, Madrid

Día 17 de abril, Martes

12:00 Helena, de Eurípides
Grupo Selene
do IES Carlos III de Madrid

17:00 Pluto, de Aristófanes
Grupo Selene
do IES Carlos III de Madrid

Día 18 de abril, Mércores

12:00 Troyanas, de Eurípides
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Paseo de los Puentes de A Coruña

17:00 Gemelos, de Plauto
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Paseo de los Puentes de A Coruña

As reservas

Os centros reservarán entrada enviando unha mensaxe ó fax 981 57 46 46 á atención de Dulce Estefanía ou directamente cubrindo o Formulario que figura ó final desta páxina.

Prazo

Poderán facerse dende o 20 de novembro de 2006 ata o 26 de xaneiro de 2007.

Aportación por alumno e lugar de ingreso

Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela.

Follas de pagamento

Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de pago non teñan sido recibidas nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.

* A folla de pagamento envíase ós centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado. Tamén se pode descargar aquí.

Xustificante de pago bancario

Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

No caso de utilizar o correo Electrónico a dirección é: secretaria@seecgalicia.org. Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.

Envío de obras e entradas

A partir do 1 de febreiro de 2007.

Contactos

Dulce Estefanía, tfn. 981 56 31 00, extensión 11844 (horario de lunes a venres de 12:00 a 13:30).

Visitas

En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Museo Porta Miñá. Casa dos mosaicos. Arredores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda e castro de Viladonga con museo didáctico.

Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61

Web do Concello de Lugo

Patrocina

Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC.