SEECGalicia

XVII FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO – OURENSE – A CORUÑA

COORDINADORES:
Mª Teresa Amado e Ricardo Martín

LUGAR:
Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
Auditorio Municipal (Ourense)
Teatro Colón (A Coruña)

PATROCINAN:
Sección galega da SEEC
Concello de Lugo
Concello de Ourense

Programa

Lugo

Auditorio Gustavo Freire

Día 13 de marzo, luns

12:00 Electra, de Sófocles, Grupo ESM de Bilbao

17:00 Epídico, de Plauto, Grupo ESM de Bilbao

Día 14 de marzo, martes

12:00 Bacantes, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

Ourense

Auditorio Municipal

Día 15 de marzo, mércores

12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña

17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

Día 16 de marzo, xoves

12:00 Hécuba, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

A Coruña

Teatro Colón

Día 22 de marzo, mércores

12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña

17:00 Miles Gloriosus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

Reservas

Pinchando na ligazón embaixo, podedes acceder ao noso formulario de inscrición.

Prazo:
Socios da SEEC: desde o 14 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017
Non Socios: desde o 23 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017

Ingresos

5 € por alumno e representación. Conta: ES08 2080 0343 0230 4000 5068 de Abanca, Vista Alegre 106, Santiago.

Folla de Pagamento

Deberá enviarse a folla de pagamento e máis o xustificante de ingreso por correo electrónico a: secretaria@seecgalicia.org
Anularase a reserva cuxa folla de inscrición e xustificante de pagamento no se teñan recibido nos 15 días hábiles posteriores á data da realización da reserva.
Sen este requisito non se considerará firme a reserva.

Envío de obras e entradas

A partir do 25 de xaneiro de 2017

Contacto

Mª Teresa Amado: tfn. 981 56 31 00, ext. 11888 (de luns a xoves de 10:00 a 11:00)

Addendum:

Os alumnos que asistan ao festival da Coruña e estean interesados en facer unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón ou aos museos científicos (Casa dos peixes, Planetario, Domus, teñen entrada gratuíta grazas á xestión que fixemos co concello da Coruña. A reserva hai que facela a través de Ricardo Martín (jesmartinfer@wanadoo.es).

Unha suxestión:
Como hai centros que non teñen alumnos dabondo para encher un autobús, suxerimos que, antes de facer a reserva, vos poñades en contacto con centros próximos para coincidir na data e así compartir gastos de transporte.

Animámosvos unha vez máis a traer os vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre.

Un saúdo cordial

SEEC Galicia