SEECGalicia

Mudanza de datas das Eleccións 2016

Estimados socios e socias: mesmo a risco de vos amolar, teño que vos anunciar unha mudanza na data das eleccións de SEECGalicia. O día 29 de xaneiro, data prevista polo calendario xeral da SEEC, é feriado na Universidade de Santiago de Compostela que atrasou a festividade de San Tomé do xoves 28 de xaneiro ao venres 29 de xaneiro de 2016. Por esta razón, a Xunta electoral decidiu que tanto as eleccións de SEECGalicia como a Asemblea anual se celebren o martes de 26 de xaneiro de 2016. Por tanto, a elección e a asemblea terá lugar o día 26/01/2016 de 4.00 a 7.30 h. na aula C08 da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n. Campus norte, 15782 Santiago de Compostela). Calquera dúbida ou solicitude de corrección do censo han de comunicarse a secretaria@seecgalicia.org Envíovos un saúdo afectuoso. Cecilia Criado Presidenta de SEECGalicia