SEECGalicia

O concurso C.I.C.E.R.O.

Chéganos novamente de SEEC Murcia unha moi interesante actividade: o concurso CICERO.

O C.I.C.E.R.O. (Certamen In Concordia Europae Regionumque Orbis) é concurso internacional de tradución e cultura latina anual que leva celebrándose sete anos. Nun principio era só europeo pero desde o ano 2011 pasou a ser internacional ao competir tamén Túnez e Australia. Celébrase ao longo do mes de marzo en días próximos posto que nalgúns países hai posibilidade de celebralo en sábado e noutros ha de ser entre semana.
Trátase dun concurso ofertado aos alumnos do último curso de latín do ensino preuniversitario. Consta de dous partes, unha de tradución dun texto de Cicerón e outra de cultura sobre un tema que se elixe en setembro ou outubro cada ano. A segunda parte é igual para todos os alumnos independentemente do seu país. Consta de vinte preguntas, dez delas baseadas nunha imaxe e outras dez de teoría. As preguntas versan sobre o tema elixido, un mito, un personaxe mitolóxico e a súa herdanza ata os nosos días.
Tedes toda a información relativa no documento adxunto e na seguinte ligazón.
concurso_cicero