SEECGalicia

O grupo “Parrocha”, do IES Elviña, á fase final do IV Certame Nacional de teatro grecolatino

O grupo de teatro PARROCHA, do IES ELVIÑA, coa súa montaxe teatral AS TROIANAS, clasificouse para a FASE FINAL da cuarta edición do CERTAME NACIONAL para grupos de teatro clásico grecolatino, convocado polo Ministerio de Educación. Esta clasificación supón asegurar xa, como mínimo, o 5º posto a nivel nacional; o IES ELVIÑA é xa a terceira vez que acode a esta fase final; nas dous anteriores, 2006-2007, en tándem co IES PASEO DAS PONTES, o entón grupo de teatro SARDIÑA obtivo o PRIMEIRO PREMIO NACIONAL en ambas. A realización da FINAL terá lugar o próximo 6 de xuño no teatro romano de SEGÓBRIGA.