SEECGalicia

O ‘Timeo’ de Platón, premio nacional de edición universitaria

O  premio nacional de edición universitaria, que recoñece as mellores obras publicadas por universidades e centros de investigación españoles, no apartado de tradución, recaeu no Timeo de Platón, publicado na colección Alma Mater del CCHS – CSIC. Prepararon este libro, do que o xurado destacou a riqueza da edición así como a exhaustividade de comentarios, notas, e referencias á obra orixinal, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela  Mercedes Díaz de Cerio xunto con profesor da Universidade de Sevilla Ramón Serrano. A nosa noraboa máis efusiva para eles.