SEECGalicia

Obradoiros de Cultura Clásica

Prezados compañeiros: Desde hai 15 anos vimos organizando o Festival de Teatro Grecolatino en Lugo e agora tamén en Ourense. Como sabedes, nalgunhas sedes, ao tempo que o festival, desenvólvense obradoiros de cultura clásica. Os Ludi Saguntini, por exemplo, son ben coñecidos e a eles asisten estudantes de toda España. A nós, desde SEEC Galicia, gustaríanos botar a andar algunha actividade deste tipo, pero para iso precisamos a vosa colaboración. Seguro que moitos facedes cos alumnos obradoiros de escrita, vestidos, mitoloxía, armas ou calquera outra actividade interesante que poderiades compartir con outros rapaces. Sería bo tamén contar con compañeiros doutras áreas de coñecemento que puidesen colaborar, por exemplo, nun obradoiro de ciencia antiga, de astronomía, de medicina, de matemáticas. Entre todos podemos facer algo interesante que serviría de complemento á actividade do teatro e, ao mesmo tempo, permitiríanos ser aínda máis visibles para a sociedade. Para comezar a organizar necesitamos saber con quen podemos contar e que achegas poderiades facer. Para iso pedímosvos que nos fagades chegar una mensaxe á dirección de correo electrónico mariateresa.amado@usc.es antes do 30 de outubro. Cos que manifestedes a vosa intención de axudarnos fariamos una reunión para pór en común as ideas e comezar a traballar. Un saúdo cordial SEEC Galicia