SEECGalicia

Odisea 2016, datos de participación

Mañá comeza unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a XI para Galicia, a IX para a Comunidade Valenciana, a V para Cataluña e Aragón, a IV para Valladolid, a II para Andalucía, Extremadura e La Rioja e a I para Canarias. Serán un total de 3.800 alumnos, distribuídos en 1.492 equipos, pertencentes a 263 Centros Educativos e con 363 profesores implicados. Cabe destacar a gran subida de participación en Andalucía e Extremadura e a incorporación de Canarias este ano. En Galicia volvemos bater récords en participación de alumnos (+277), aínda que baixamos en centros (10 menos). Tamén subimos en equipos (+12) e profesores (+5). Unha vez pechada a inscrición, os datos de participación de ODISEA 2016 son os seguintes: Captura de pantalla 2016-01-31 20.56.55 E este e o mapa dos centros participantes: