SEECGalicia

Odisea 2016: mañá comeza a inscrición

odisea_2016_blogsMañá martes 1 de decembro comeza a inscrición para a edición 2016 de Odisea, que se prolongará ata o martes 26 de xaneiro. O Concurso comezará o luns 1 de febreiro e rematará o mércores 2 de marzo de 2016, día no que se celebrará a final estatal. (Bases e calendario completo) Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias (que participa por primeira vez), Galicia, Extremadura, La Rioja, Valencia-Castellón e de Alacant, Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC). O tema que fará de fío condutor será “A Guerra en Grecia e Roma“. Nesta edición contamos con dúas importantes novidades: – O factor tempo. O tempo só conta a partir das 9:30 do xoves 4 de febreiro, día do preguntón. A clasificación dos tres primeiros días realizarase en base aos puntos obtidos e a orde alfabética dos nomes dos equipos. – As horas do concurso. A raíz da incorporación de Canarias, agora as preguntas sairán publicadas ás 9:30 os catro primeiros días do concurso e o preguntón de desempate e o da final Estatal serán de 17:00 a 20: horas.

Para promocionar o concurso entre alumnos e profesores elaboramos esta infografía onde se salientan as datas máis importantes do calendario e as novidades desta edición 2016. O concurso poderá ser seguido en Twitter dende o Hashtag #OdiseaXVI. Asimesmo contamos cunha galería de imaxes en Pinterest que se irá completando coas imaxes subidas por todas as sedes.

ODISEA 2016 from Clara Álvarez on Vimeo.

* Vídeo promocional elaborado pola profesora de La Rioja Clara Álvarez.