SEECGalicia

Odisea 2017, datos de participación

Hoxe deu comezo unha nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a XII para Galicia, a X para a Comunidade Valenciana, a VI para Cataluña e Aragón, a V para Valladolid, a III para Andalucía, Extremadura, a II para Canarias e a I para Madrid.

Serán un total de 4.344 alumnos, distribuídos en 1.676 equipos, pertencentes a 259 Centros Educativos e con 297 profesores implicados. Cabe destacar a subida de partipación do alumnado, da que se bate un récord con 4.344 alumnos participantes. Os demais datos mantéñense máis ou menos igual.

En Galicia baixa lixeiramente a participación con respecto ás edicións anteriores.

Aquí está o mapa de participantes: