SEECGalicia

Odisea 2018, datos de participación

Hoxe publicamos os datos de participación da nova edición do concurso de Cultura Clásica ODISEA, a XIII para Galicia, a XI para a Comunidade Valenciana, a VII para Cataluña e Aragón, a VI para Valladolid, a IV para Andalucía e Extremadura, a III para Canarias, a II para Madrid e a I para Asturias.

Foron un total de 4.601 alumnos, distribuídos en 1.785 equipos, pertencentes a 283 Centros Educativos e con 319 profesores implicados.

En Galicia a participación subiu en todos os campos con respecto á edición anterior: alumnos, profesores, equipos e centros implicados.

A nivel estatal temos os mellores índices de participación de todas as edicións levadas a cabo ata agora.