SEECGalicia

Ponderacións nova selectividade. Escrito ante a CIUG.

A CIUG fixo chegar a primeiros deste mes de xullo aos IES un documento sobre as ponderacións das materias propias de modalidade para as probas de acceso universitario do curso 2009-2010.

A Sección galega da SEEC dirixiu un escrito ao presidente da CIUG, o Sr. D.Manuel Bermejo, amosándolle a nosa protesta, con especial fincapé na mínima valoración que se fai do Grego, e solicitando unha entrevista.

Tamén informamos ao departamento de Latín e Grego da Facultade de Filoloxía da USC e lle solicitamos que, en canto lle  sexa posible, se pronuncie sobre este asunto e tome as iniciativas necesarias para que finalmente as linguas clásicas sexan valoradas correctamente en todas as titulacións da Facultade. Así o faremos con outras titulacións para as que pensamos que as linguas clásicas teñen un alto valor formativo.