SEECGalicia

Premio Nacional para Noite Bohemia

O día 18 de outubro tivo lugar en Sagunto a fase final do VIII Concurso grupos de teatro Grecolatino, convocado polo ministerio de Educación. O gañador na modalidade Comedia latina foi Noite Bohemia, do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, coa comedia Aulularia de Plauto. Desde SEEC Galicia, enviámoslles parabéns a este grupo galego e socio da nosa sección da SEEC. A obra gañadora representarase no noso Festival de teatro Grecolatino de Lugo. En poucos días recibiredes, socios e centros, o programa dedinitivo.