SEECGalicia

Premio para Dives Gallaecia

A Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia otorgou o primeiro premio á innovación educativa 2013 na modalidade C, uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos, ao proxecto Dives Gallaecia, realizado polos alumnos do IES Manuel García Barros da Estrada e coordinado polo seu profesor Álvaro Pérez Vilariño, ben coñecido de todos nós, socio da SEEC e colaborador habitual. Desde SEEC Galicia dámoslles a todos os nosos parabéns e animámolos a seguir traballando a prol dos nosos estudos co mesmo entusiasmo. Como di na súa páxina web Dives Gallaecia é…

  • Unha base de datos de material audiovisual, con vídeos en alta definición e imaxes de alta calidade con licenzas CC.
  • Unha forma de colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons.
  • Un xeito de descubrir, hic et nunc, en que medida aínda somos romanos.
  • Unha visita virtual aos xacementos arqueolóxicos e museos máis importantes de Galicia.
  • Unha reflexión sobre a conquista militar romana, a explotación dos recursos, a organización administrativa, as vías de comunicación.
  • Un punto de encontro para compartir con outros profesores documentación e actividades deseñadas para a plataforma Moodle.

A nova foi recollida no Correo Gallego, no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.