SEECGalicia

Premios para grupos galegos no VI certamen nacional de teatro grecolatino
O pasado 27 de maio dous grupos de teatro galegos participaron na fase final do VI certamen nacional de teatro grecolatino, que como cada ano se celebrou en Segóbriga. O grupo Noite Bohemia do IES Menéndez Pidal de A Coruña representou a Electra de Eurípides e acadou o primeiro premio, por diante do grupo Selene de Madrid e do IES Virgen de la Encina de Ponferrada. Na modalidade de comedia latina, o grupo A Finxideira do IES Lauro Olmo O Barco de Valdeorras representou en galego unha adaptación do Anfitrión de Plauto, e quedou no segundo lugar, por detrás do grupo Balbo de El Puerto de Santa María.