SEECGalicia

Presentación do libro coa tradución ao galego dos “Diálogos de mortos” e “Diálogos mariños” de Luciano de Samósata a cargo de Teresa Amado

O próximo martes, 4 de xullo, ás 19:00 horas no salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago, coincidindo co curso “Actualización metodolóxica en grego antigo” organizado por SEEC-Galicia, terá lugar un acto de presentación do libro coa tradución ao galego dos “Diálogos de mortos” e “Diálogos mariños” de Luciano de Samósata a cargo de Teresa Amado (Rinoceronte Editora, Colección Vétera).
Na imaxe adxunta pódese ver toda a información sobre ese acto.