SEECGalicia

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SAFO: CANTOS E FRAGMENTOS”.

Hoxe xoves 8 de maio terá lugar na biblioteca Anxel Casal de Santiago, rúa Xoán XIII, a presentación do libro Safo: Cantos e Fragmentos, no que intervirán Francisco Macías, de edicións Positivas, Mª Teresa Amado, profesora de grego da USC e tradutora, Pilar Buela, escritora, e Raúl Gómez Pato, tradutor desta obra e escritor.

O acto estará acompañado pola música de Carmen Dor e Tino Baz.