SEECGalicia

Presentación

logo-seecgalicia-rojo
SEECGalicia
Festival de Teatro, Viaxes de estudos, Concurso Odisea, Certamen Ciceronianum, Proba de Grego, Cursos SEECGalicia, Publicacions, Material docente, Secundaria, Universidade, Aula Virtual

A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos é unha entidade sen ánimo de lucro que reúne persoas interesadas no mundo clásico grecorromano.Compartimos coa nosa sede central os obxectivos xerais de impulsar o coñecemento de dito mundo e das nosas raíces, loitar pola consolidación das materias de cultura clásica, grego e latín no sistema educativo, apoiar os profesores na tarefa educativa, ofrecendo actualización científica e didáctica por medio de encontros, cursos e obradoiros.Entre os nosos obxectivos específicos figuran a organización anual do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, das viaxes de estudos a Grecia e Italia, do concurso Odisea (que ten orixe na nosa comunidade) e doutras actividades de interese.Procuramos que toda a nosa actividade sexa difundida e coñecida pola nosa sociedade, sabedores de que é vital non só a nosa presenza senón tamén que os demais teñan conciencia dela.