SEECGalicia

Primeira Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

A continuación, como xa anunciaramos no programa, presentámosvos as bases para participar na primeira edición da Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos, organizada en colaboración co Departamento de Latín e Grego.

BASES

Destinatarios
Alumnos de 1o e 2o de Bacharelato de Galicia.

Proba
Os alumnos poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas. Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.

Os textos das probas serán dos autores seleccionados para as PAU:

  • En Lingua Grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas
    Critón e Apoloxía de Sócrates.
  • En Lingua Latina poñeranse textos de Eutropio e Fedro.

Data e hora
Venres 10 de abril de 2015
16:00-17:30 Proba de Lingua grega
17:30-18:00 Descanso
18:00-19:30 Proba de Lingua latina

Lugar
Facultade de Filoloxía, aula D08

Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor de Universidade e dous profesores de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.

Premios
Outorgarase un premio de 250 € para o gañador de cada modalidade. Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

Inscrición
Enviarase o boletín adxunto ao enderezo institucional de correo electrónico do Departamento de Latín e Grego (lgsec@usc.es), indicando en asunto “Olimpíada”.
Prazo de inscrición: do 16 de febreiro ao 15 de marzo.