SEECGalicia

Proba Internacional de Grego 2010: “9º Concurso Anual Europeo Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia”

O Ministerio de Educación Nacional e Asuntos Relixiosos, por medio da Dirección Xeral de Relacións Internacionais en Educación e o Instituto Pedagóxico, en cooperación coa Asociación Pan-helénica de Profesores de Lingua e Civilización Gregas, a Sociedade de Profesores Gregos, o Centro Cultural Europeo de Delfos, a Organización para a Internacionalización da Lingua Grega e a Herdanza Lingüística Grega, anuncian o 9º Concurso Anual Europeo para estudantes: «Explorando a Lingua e a Cultura da Antiga Grecia» co obxecto de facer promoción dos estudios clásicos entre os estudantes de Institutos de Segundo Ensino europeos nos que ensina a lingua grega antiga. 

A competición realízase baixo os auspicios do Presidente da República de Grecia.

1. – Obxectivos

Destacar a dimensión europea da Antigüidade grega e a importancia para a xente de hoxe de estudar a literatura grega.

Promover a lingua grega antiga como medio de expresión de ideas e valores humanitarios e como un compoñente fundamental das linguas europeas contemporáneas.

Fortalecer os Estudios Clásicos nos centros de ensino europeos.

Existe o convencemento de que por medio do concurso “Explorando a lingua e a cultura da Antiga Grecia” se poden obter claros beneficios:

Para os estudantes que participen, na medida en que aumentan o seu coñecemento da lingua grega antiga e fortalecen o seu interese nos Estudios Clásicos. Ademais, os gañadores terán a oportunidade de entrar en contacto coa cultura da Grecia actual durante a súa viaxe a Grecia.

Para os profesores, na medida en que teñen a oportunidade de renovar o interese dos alumnos nos Estudios Clásicos recibindo información sobre os programas de grego antigo no sistema grego de educación e ao reforzar os seus lazos coa cultura da Grecia actual.

Para os profesores que participan na selección dos textos e os temas do concurso, así como na avaliación dos exames dos estudantes, posto que terán a oportunidade de tratar asuntos relacionados co ensino do grego antigo.

Para as institucións oficiais que cooperan no desenvolvemento do concurso, posto que contribúen á difusión do estudio da lingua e a cultura da Grecia antiga e enriquecen a súa experiencia en colaboracións internacionais.

Para os países que participan, en particular Grecia, pois teñen a oportunidade de entrar en contacto entre eles e colaborar no obxectivo común de promover os Estudios Clásicos en Europa.

2. – Destinatarios

O concurso diríxese a:

Estudantes dos dous últimos anos dos institutos gregos de Europa, agás Grecia e Chipre.

Estudantes dos dous últimos anos dos institutos de todos os países europeos (salvo Grecia e Chipre) e México.

Os países participantes para o ano 2009-2010 son todos os europeos, máis México e Arxentina.

3. – Contido da proba 2010

Os textos sobre os que se realizará a proba están tomados de obras en prosa e verso en dialecto ático. Os textos do noveno concurso son:

Eurípides Ifigenia en Áulide vv. 49-65: 414-439; 677-690; 919-1007; 1211-1240; 1368-1401; 1543-1612.

A edición que se recomenda é a de Gilbert Murray en Oxford Classical Texts (1954). Pódese descargar dende aquí:

Descarga del texto completo (pdf)

No exame entregarase aos participantes o texto grego da proba en versión orixinal.

Os temas da proba divídense en dous grupos:

Preguntas relacionadas coa comprensión do texto sobre o que se fai o exame. Total: 60 puntos.

Cuestións que versan sobre a forma e o contido do texto e requiren unha elaboración da pregunta. Total: 40 puntos.

Para a puntuación utilízase unha escala centígrada.

Máis especificamente, o texto obxecto do exame ocupará unhas 20 liñas; ségueno dúas cuestións de comprensión, que requiren unha resposta breve e son obrigatorias; despois ofrécense tres cuestións de elaboración, que requiren unha resposta máis extensa; destas tres os participantes responderán soamente a dous, á súa elección.

As dúas cuestións de comprensión desenvolveranse como segue:

Tradución dun extracto e comprensión do significado do texto completo.
Total puntos: 30 2.

Unha pregunta sobre a organización lingüística e a estrutura do texto. Puntos:
gramática: 10;
sintaxe: 10;
etimoloxía (supervivencia na lingua materna de cada participante): 10.
Total puntos: 30

As tres cuestións teóricas desenvolveranse como segue:

Contido de toda a obra e xénero ao que pertence o texto. Puntos: 20.

Situación do texto no seu contexto histórico, social e político. Puntos: 20.

A relación do contido do texto cos problemas da vida actual. Puntos:
20.

4. – Datas e desenvolvemento da proba

A proba realizarase o martes, 23 de marzo do 2010, ás 16 horas (hora española).

A proba desenvolverase nun lugar que determinará cada sección ou delegación.

O cuestionario proporciónase no seu version orixinal: en grego para os institutos de Grecia e Chipre e en grego e inglés para os outros países [N.T. A SEEC disporá dunha versión en español, que se enviará aos centros,]

Os estudantes responderán na súa lingua materna.

A única axuda que os participantes poden ter durante o desenvolvemento da proba é un dicionario de grego antigo.

Os estudantes deben escribir en follas brancas e indicar claramente en cada folla que utilicen o seu nome e apelidos e o centro no que estudan.

A duración da proba é de tres horas, como máximo.

5. – Datas e normas de inscrición

Descarga del formulario de inscripción (doc)

As inscricións deben ser enviadas, alternativamente, a unha das dúas direccións seguintes:

Por correo electrónico: jesus.delavilla@uam.es

Por correo ordinario a:

Sociedade Española de Estudios Clásicos
Concurso Internacional de Grego
c/ Vitrubio 8, 2 o Madrid, 28006

A data máxima de envío é o venres 16 de xaneiro do 2010.

6. – Envío dos exercicios, corrección e resultados

Unha vez realizada a proba, os responsables de cada sección que vixiaran a proba en cada sección ou delegación da SEEC enviarán todos os exercicios realizados de forma inmediata á dirección:

Sociedade Española de Estudios Clásicos
Concurso Internacional de Grego
c/ Vitrubio 8, 2 o Madrid, 28006

É imprescindible que en cada exercicio figure o centro ao que pertence o estudante participante.

Un comité formado polos membros da Comisión Executiva da SEEC especialistas en grego antigo elixirá o mellor exercicio de cada centro e enviarao ao Ministerio de Educación e Asuntos relixiosos de Grecia antes do venres 10 de abril do 2010.

En abril e maio do 2010 o comité responsable en Grecia da avaliación dos exercicios examinaraos e anunciará os resultados na primeira semana de xuño do 2010.

A Dirección Xeral de Relacións Internacionais en Educación do Ministerio de Educación e as asociacións colaboradoras organizasen a cerimonia de entrega de premios na primeira semana de setembro do 2010.

Os estudantes galardoados participarán, acompañados do profesor que ensinou a materia, nun programa especial de hospitalidade de entre catro e sete días, que será organizado polo Ministerio Grego de Educación. Os estudantes, ademais, recibirán como presente libros e regalos simbólicos do premio.

7. – Premios – certificados

Del total de exercicios que obteñan polo menos unha cualificación de 70 puntos sobre 100, os premios outorgaranse a:

O mellor (1 só) dos exercicios procedentes dos institutos gregos en países europeos (salvo Grecia e Chipre).

O mellor (1 só) dos exercicios de estudantes dos dous últimos cursos dos institutos de bacharelato de cada un dos países europeos que participan, máis México.

Ningún país poderá recibir máis dun premio.

Entregarase un certificado de Distinción a todos os estudantes que alcanzaran polo menos 70 puntos sobre 100.

Entregarase un certificado de Distinción ao mellor alumno de cada país se o seu país non recibiu ningún dos premios maiores.

Os certificados enviaranse aos centros a finais do ano 2010.

Enviarase un certificado de participación a todos os participantes por parte da organización que asume a convocatoria da proba en cada país.

Pódese obter máis información no arquivo adxunto.