SEECGalicia

Programa do festival de teatro grecolatino Lugo 2010

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2010

PROGRAMA E RESERVA DE PRAZA

Coordinadores: Ricardo Martín e Mª Teresa Amado
Lugar: Auditorio “Gustavo Freire” (Lugo)

Programa

8 de marzo, luns:

12:00 horas: Electra (Sófocles) (Grupo Párodos) (Talarrubias, Badajoz)

17:00 horas: Cásina (Plauto) (Grupo Párodos) (Talarrubias, Badajoz)

9 de marzo, martes:

12:00 horas: Asamblea de mujeres (Aristófanes) (Grupo Párodos)

17:00 horas: Troyanas (Eurípides) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

10 de marzo, mércores:

12:00 horas: Troyanas (Eurípides)
(Plauto) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

17:00 horas: Gemelos (Plauto) (Parrocha –herdeiros de Sardiña-) (A Coruña)

INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

  • RESERVAS: Cubrindo o seguinte Formulario (recomendado e operativo a partires do 16 de novembro para os socios e a partir do día 21 para todos os demais), ou enviando un fax ao 981 57 46 46 á atención de Teresa Amado (non se admitirán os envíos realizados antes dos prazos descritos anteriormente).
  • PRAZOS:
    • Socios de SEECGalicia: dende o día 16 de novembro en adiante.
    • Non socios: dende o 21 de novembro de 2008 ata o 25 de xaneiro de 2010.
  • Aportación por alumno e lugar de ingreso: Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela. Os profesores non pagan.
  • FOLLAS DE PAGAMENTO E XUSTIFICANTES DE INGRESO BANCARIO
    Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.
    Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de ingreso bancarionon teñan sido recibidos nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.A folla de pagamento pódese descargar dende aquí en versión *.pdf para enviar por correo ordinario ou ben en versión *.doc (word) para enviala por correo-E como arquivo adxunto. Tamén se envía aos centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado.

    Xustificante de pago bancario: Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

    No caso de utilizar o correo Electrónico o enderezo é: . (Aproveitade o mesmo envío para mandar a folla de pagamento e o xustificante de ingreso escaneado como arquivos adxuntos).

    Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.

  • ENVÍO DE OBRAS E ENTRADAS: A partir do 1 de febreiro de 2010

Contactos: Teresa Amado, tfn. 981 56 31 00, extensión 11888 (horario de lunes a venres de 11:00 a 12:00).

Visitas:
En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Museo Porta Miñá. Casa dos mosaicos. Arredores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda e castro de Viladonga con museo didáctico.
Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61
Web do Concello de Lugo

Patrocina: Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC

CURRÍCULA dos grupos:

1.- Párodos:

  • 2006: TERCEIRO premio nacional con Aulularia
  • 2007: SEGUNDO premio nacional con Eunuco
  • 2008: PRIMEIRO premio nacional con Gorgojo
  • 2009: ACCESIT (4º premio) nacional con Gemelos

2.- COLECTIVO SARDIÑA (Sardiña-Parrocha)

  • 2006: PRIMEIRO premio nacional con Anfitrión
  • 2007: PRIMEIRO premio nacional con Gemelos
  • 2009 TERCEIRO premio nacional con Las Troyanas