SEECGalicia

Programa e matrícula do curso “Chiron en Compostela 2011”

Xa se pode consultar o programa detallado e as instrucións de matrícula para o curso "Chiron en Compostela 2011". Este curso pretende ser continuación daquel outro celebrado en 2008, pero con algunha novidade, como a cea de "Fin de Curso", o "Macellum" (un espazo de intercambio de material didáctico), ou a "Mesa Redonda" final, para debater e poñer en común experiencias educativas. Terá unha continuación virtual a través da plataforma Moodle de SEECGalicia.

Nesta ocasión, ademais da presenza dos membros máis senlleiros de Chiron, teremos con nós a unha representación da asociación Ludere e Discere de Sagunt.

Este curso está homologado pola Consellería de Educación aos efectos de Formación do Profesorado con 30 horas, como se pode consultar na web da consellería.

Pódese tamén descargar o programa en formato *.pdf