SEECGalicia

Programa e reserva de praza Lugo 2012

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO LUGO 2012

PROGRAMA E RESERVA DE PRAZA

Coordinadores: Ricardo Martín e Mª Teresa Amado Lugar: Auditorio “Gustavo Freire” (Lugo)

Programa

12 de marzo, luns:12:00 Las Troyanas de Eurípides, Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Tesmoforias de Aristófanes, Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña)
13 de marzo, martes:12:00 Electra de Sófocles, Grupo Noite Bohemia (A Coruña) 17:00 Aulularia de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
14 de marzo, mércores:12:00 Medea de Eurípides, Grupo Parrocha (A Coruña) 17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Parrocha (A Coruña)

INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR NO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO

  • RESERVAS: Cubrindo o Formulario que aparecerá nesta web (operativo a partires do 14 de novembro para os socios e a partir do día 21 para todos os demais).
  • PRAZOS:
    • Socios de SEECGalicia: dende o día 14 de novembro en adiante.
    • Non socios: dende o 21 de novembro de 2011 ata o 25 de xaneiro de 2012.
  • Aportación por alumno e lugar de ingreso: Por cada unha das representacións, o alumno aboará 5 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Nova Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela. Os profesores non pagan.
  • FOLLAS DE PAGAMENTO E XUSTIFICANTES DE INGRESO BANCARIO Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela. Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de ingreso bancario non teñan sido recibidos nos 15 días hábiles posterioresá data de realización das mesmas.A folla de pagamento pódese descargar dende aquí en versión *.pdf para enviar por correo ordinario ou ben en versión *.doc (word) para enviala por correo-E como arquivo adxunto. Tamén se envía aos centros co programa completo das representacións de PROSOPONen todo o estado.Xustificante de pago bancario: Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela. No caso de utilizar o correo Electrónico o enderezo é: . (Aproveitade o mesmo envío para mandar a folla de pagamento e o xustificante de ingreso escaneado como arquivos adxuntos). Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.
  • ENVÍO DE OBRAS E ENTRADAS: A partir do 1 de febreiro de 2012

Contactos: Teresa Amado, tfn. 981 56 31 00, extensión 11888 (horario de lunes a venres de 11:00 a 12:00). Visitas: En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Museo Porta Miñá. Casa dos mosaicos. Arredores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda e castro de Viladonga con museo didáctico. Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61 Web do Concello de Lugo Patrocina: Concello de Lugo e Sección Galega da SEEC