SEECGalicia

Programación 2013-14

No primeiro trimestre de 2014 terá lugar a IX edición do concurso Odisea, no que  pouco a pouco SEECGalicia vai conseguindo que se sumen outras comunidades autónomas. De feito, participarán as seccións da SEEC de Aragón, Valencia-Castellón, Alicante e Galicia, e a Asociación de Profesorado de Lenguas Clásicas de Catalunya (APLEC). Maite Miñambres e Álvaro Pérez Vilariño coordinarán esta actividade.

O 21 de febreiro celebrarase o Certamen Ciceronianum ás 16:00 na Facultade de Filoloxía. Aproveitaremos para celebrar a Asemblea anual de socios ás 17:00.

Do 26 ao 28 de febrero, teremos unha nova edición, a IX, do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo. Proximamente recibiredes máis información. Como sempre, a súa organización corre a cargo de Teresa Amado Rodríguez e Ricardo Martín Fernández.

En Carnaval irémonos de viaxe a Roma. Como sabedes, esta viaxe está pensada para profesores e alumnos dos IES galegos. Estará coordinada por Fernando Domènech. As datas previstas son do 1 ao 8 de marzo.

A Proba de Grego terá lugar o 4 de abril ás 16:00 h. na Facultade de Filoloxía.

Durante a primeira quincena de xuño realizaranse as actividades de Formación Permanente que levan por título “Investigación universitaria e docencia en Secundaria e Bacharelato. Aproximación das últimas achegas de investigación ás materias de filoloxía clásica en IES”. Estará dirixido por Cecilia Criado.

Tamén, próximamente levaranse a cabo dous talleres de temática aínda sen concretar dirixidos aos alumnos da titulación de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela.

Por último, lembrarvos que Clauis nostra, coa promoción de SEECGalicia, ofrece clases gratuitas de latín impartidas por alumnos da USC na Facultade de Filoloxía de Santiago durante todo o curso. Máis información en:

  • www.aclabe.blogspot.com