SEECGalicia

Propostas para a viaxe a Grecia 2009
Como xa anunciaramos anteriormente, a sección galega da SEEC comeza este ano coa organización dunha nova actividade, unha viaxe organizada para profesores a Grecia, a celebrar entre os días 21-28 de febreiro de 2009. Teremos que ter un mínimo de 25 persoas para levala a cabo, ata un máximo de 40. Terán prioridade os socios da SEEC e terán dereito a levar un acompañante por persoa. De momento elaboramos tres propostas, das que terá que saír a definitiva. Pica en ler máis para acceder ao programa detallado das propostas.
* Foto: teatro de Epidauro. Galería de fotos de Chiron.