SEECGalicia

Proxecto Circe – Dinamarca – Verán 2007

No próximo verán vaise celebrar en Nyborg, Dinamarca, a segunda edición do Proxecto Circe, un curso sobre as novas tecnoloxías da información dirixido a profesores de linguas clásicas de toda a Unión Europea.

Este curso entra no catálogo de Comenius, polo que se pode pedir unha beca, que normalmente cubre os gastos de viaxe e inscripción.

As datas do curso son dende o 30 de xullo de 2007 ata o 5 de agosto.