SEECGalicia

Proxectos de colaboración europea de grego e latín do IES de Poio

“Building linguistic bridges: from Classical to Modern languages” é un proxecto eTwinning desenvolvido polo IES de Poio e o Experimental Lyceum of Agioi Anargyroi en Atenas. No centro galego foi un proxecto interdisciplinar entre os departamentos de Grego, Tecnoloxía e Dinamización lingüística no que participou alumnado de 1º de bacharelato e 4º da ESO. Consistíu nun curso en liña de español e grego moderno completamente deseñado, implementado e avaliado polo alumnado. Os estudantes galegos e gregos produciron todos os materiais e, partindo do seu coñecemento das linguas clásicas, cada grupo de traballo internacional ensinou a súa lingua aos seus compañeiros do outro instituto. O inglés foi a lingua de comunicación.
O coñecemento e o aprezo por unha herdanza cultural compartida servíu de base para o diálogo intercultural antre as nosas comunidades escolares.
O proxecto buscou mellorar a competencia lingüística e dixital do alumnado. Este desenvolveu o seu coñecemento das linguas clásicas para converterse en bos ensinantes de linguas modernas para os seus compañeiros.
Estas son as ligazóns á páxina web do proxecto e ao espazo de traballo colaborativo, o twinspace:
https://buildinglinguisticbridges.weebly.com/
https://twinspace.etwinning.net/52627

“Familia Europaea” é un proxecto eTwinning desenvolvido por alumnado de Estremadura, Polonia, Alemaña e Italia no que participou alumnado de Latín de 4º de ESO do IES de Poio. Estivo enfocado a traballar os primeiros 8 capítulos do manual Lingua Latina Per Se Illustrata con actividades colaborativas entre alumnado europeo.
O seu obxectivo principal foi a experimentación da interrelación de metodoloxías activas como a gamificación, a aprendizaxe baseada en problemas, a aprendizaxe colaborativa, entre outras, co método indutivo contextual propio de LLPSI. Moitas das actividades realizáronse en contextos interdisciplinares, coa participación doutras áreas.
Buscouse a mellora en competencias clave, inicidindo especialmente en Competencia Lingüística, Competencia dixital, Aprender a aprender, Competencia social e cívica, así como a Competencia en conciencia e expresión cultural.
Outro dos obxectivos do proxecto foi promover o uso da plataforma eTwinning entre o profesorado de Clásicas.
Ligazóns ao proxecto:
https://twinspace.etwinning.net/48179/home
https://jerrymont.wixsite.com/etfamiliaeuropaea
https://etfamiliaeuropaea.blogspot.com/
https://www.facebook.com/groups/150099568794257/?ref=bookmarks familia-europaea@googlegroups.com