SEECGalicia

Relatos Verídicos de Luciano de Samósata en galego

Acaba de saír en Ed. Rinoceronte a tradución ao galego dos Relatos Verídicos de Luciano de Samósata, a cargo de dous licenciados en Filoloxía Clásica: Xurxo Pereira e Xosé Abilleira. A edición presenta unha breve pero interesante introdución, notas aclaratorias moi pertinentes e un índice de nomes ao final. É sen dúbida unha boa noticia para todos/as os que loitamos pola pervivencia do mundo clásico hoxe e aquí.