SEECGalicia

Rematou o festival de teatro de Lugo
O mércores 10 de marzo rematou o festival de teatro grecolatino de Lugo coa representacion de Menaechmi de Plauto.
Este ano acadamos record de participación, ao asistiren 4.560 alumnos de 95 centros de ensino das catro provincias galegas, de León, Zamora e Valladolid.
A prensa fíxose amplo eco deste éxito, que se traducíu tamén nunha presenza masiva de rapaces polas rúas de Lugo, que non pasou desapercibida.
Agradecemos de novo ao concello o seu patrocinio e aos profesores e alumnos a vosa fidelidade a esta cita primaveral.

Este ano correspóndelle a SEECGalicia organizar en Lugo a clausura nacional dos festivais de Prósopon.

Manterémosvos informados e esperamos a vosa asistencia.

Fotografía: Menaechmi Grupo Parrocha.