SEECGalicia

Resultado da Proba Nacional de Grego

Unha vez realizada a Proba Nacional de Grego, a comisión encargada de valorar os mellores exercicios de cada delegación acordou elixir como o mellor exercicio do ano 2012 o realizado por D. Bruno González Lázaro do IES Manuel Gutiérrez Aragón, Viérnoles, correspondente á Sección de Cantabria.

A continuación quedaron os representantes das seguintes secciones, ordenados segundo a súa puntuación:

2º) Cataluña: Ma. Teresa Castelo Palma. IES Badía do Vallès
3º) Extremadura: Sara Casco Solís. IES Terra de Barros, Aceuchal
4º) Alicante: María Cañizares López. IES Cap de l`Aljub, Santa Pola
5º) Castela A Mancha: Enrique Valente Roldán. IES Los Olmos, Albacete

O nivel da participación foi, como en anos anteriores, extremadamente elevado, polo que felicitamos a todos os participantes e aos seus profesores polo traballo realizado e o nivel de coñecemento de grego alcanzado.

Dende SeecGalicia agradecemos así mesmo a todos os participantes, os seus profesores e os seus centros o interese mostrado por esta proba e pola difusión e promoción das materias e contidos relacionados co Mundo Clásico.