SEECGalicia

Resultado do desempate. Odisea 2011

Debido aos problemas técnicos xurdidos na tarde de onte, que non nos permitirion recibir correctamente as respostas dos grupos, e ante a imposibilidade, como xurado, de proclamar un xusto vencedor neste desempate, decidimos adoptar a seguinte decisión:

  • O vindeiro mércores participarán na Final Estatal TODOS os equipos que chegaron ao desempate (en Galicia e en Valencia).
  • O resultado deste novo preguntón daranos ao mesmo tempo o Campión da fase Estatal e os campións de Galicia e Valencia (en Aragón non houbo necesidade de desempate).

Consideramos que entre todas as posibilidades esta o a menos mala que podemos ofrecer, xa que todos chegan a esta final Estatal en igualdade de condicións.

Lamentamos as molestias que esta situación puidese provocar, especialmente para os verdadeiros protagonistas do concurso, os estudantes que con tanto entusiasmo participan nesta convocatoria.

Para evitar que a situación se poida repetir, as persoas da organización que estean presentes en cada sede  na Fase Final do concurso levantarán acta das respostas enviadas por cada grupo e da hora á que se envían.