SEECGalicia

Séneca: El camino del sabio

portada_senecaPresentamos unha magnifica novela ambientada nun dos momentos máis tumultuosos e interesantes do imperio romano, a época que vai de Augusto a Nerón, e levados da man dunha das figuras máis importantes da humanidade: Séneca. O autor, F. Lillo, une a fidelidade histórica e a profundidade do pensamento filosófico de Séneca, que pon ao alcance de todos co bo facer novelístico do que xa ten dado sobradas mostras.

Ao longo da historia das ideas cada xeración ten buscado o seu propio Séneca. Nesta novela, na que o filósofo flexiona sobre sí mesmo pouco antes de morrer, defendemos que Séneca segue sendo unha figura de grande interese para o home de hoxe. Nun mundo no que prima a apariencia e o superficial, Séneca axúdanos coas súas ensinanzas sobre o valor da interioridade e da meditación. Ante o poder das paixóns, aprendemos da súa loita por moderalas e non ser esclavo delas, pois a paixón ou a dominas ou ela te domina. Frente ó individualismo imperante, admiramos o seu sentimento de servizo ao Estado.

Impresiónanos a súa fonda preocupación pola trascendencia, que contrasta cunha vivencia horizontal e plana da existencia propia dos seus contemporáneos. A súa serenidade perante a morte, a súa relación coas riquezas, a súa actitude ante a desgracia e o exilio e o seu desexo de tratar aos esclavos dun modo máis humano, son outros tantos temas que aínda hoxe nos interpelan y nos fan máis sabios. Séneca dous mil anos despois da súa morte, aínda se nos presenta como un maestro para a vida.