SEECGalicia

Taller de escritura e xogos romanos

A Sección Galega da Sociedad Española de Estudos Clásicos,sempre desexando divulgar a cultura e linguas clásicas, organizou onte en colaboración co Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela un Taller de escritura e xogos romanos.

Os asistentes gozaron escribindo sobre os papiros cos instrumentos romanos de escritura, uso no que foron instruidos polo prof. F. Lillo Redonet. Coma se de verdadeiros cidadáns romanos se tratara, tamén xogaron ás noces, aos dados, ás tabas, a xogos de pelota, etc.

Foi unha pequena inmersión na cultura romana que permitiu comprobar ata que punto a cultura clásica pervive no noso mundo actual.