SEECGalicia

Teatro de títeres en Santiago: A guerra de Troia

A_Guerra_de_Troia_titeres Damos difusión a través da nosa web a un espectáculo teatral de carácter didáctico que, cremos, ten moito interese para os profesores de clásicas e que se celebrará neste mes de novembro en Santiago. Trátase dun espectáculo teatral explicado con títeres, obxectos e audiovisuais. Os elementos clave do espectáculo son un narrador, que explica a historia desde o presente; títeres dun metro de altura, manipulados por dous actores, que darán vida aos protagonistas (Paris, Helena, Menelao, Agamenón, Aquiles, Ulises…) e un audiovisual de animación que dará voz ás deusas e axudará a crear ambiente e a explicar os momentos decisivos da acción. Para máis información seguide esta ligazón.