SEECGalicia

Terceiro Premio Nacional para o Grupo “Parrocha” do IES Elviña

O grupo de teatro PARROCHA, do IES ELVIÑA, coa súa montaxe teatral LAS TROYANAS, obtivo o TERCEIRO PREMIO na cuarta edición do CERTAME NACIONAL para grupos de teatro clásico grecolatino, convocado polo Ministerio de Educación.
Na fase final nacional celebrada o día 6 de xuño no recinto arqueolóxico de Segóbriga (as actuacións da tarde tiveron que facerse en Tarancón debido á choiva). O resultado global foi:

  • Primeiro Premio: grupo Helios, de Madrid
  • Segundo Premio: grupo In albis, de Sevilla
  • Terceiro Premio: grupo Parrocha
  • Cuarto Premio: Grupo Siberia Estremeña, de Badaxoz
  • Quinto Premio: grupo Komos, de Valencia

Con este premio, o IES ELVIÑA pasa a ser un dos centros máis galardoados de España dentro do TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO pois, ao TERCEIRO PREMIO desta edición hai que engadir os anteriores DOUS PRIMEIROS PREMIOS obtidos en 2006 e 2007, en tándem co IES PASEO DAS PONTES, co entón denominado grupo de teatro SARDIÑA.

Dende aquí, outra vez a nosa Noraboa ao seu director, Jesús Ricardo Martín.