SEECGalicia

VIAXA CON SEECGALICIA

A Delegación galega da SEEC, consciente das inquietudes de moitos dos seus asociados por visitar os lugares que foron o berce da nosa Cultura Clásica, propón unha serie de viaxes guiadas a Grecia e Italia.

A organización destas viaxes tería lugar en xuño; nese mes ofrecerase un “avance” presupostario aproximado e detalles máis concretos da súa execución; no mes de setembro publicaranse os prazos de inscrición e as modalidades de pagamento. Preme en ler máis para as posibles opcións detalladas destas viaxes.

OPCIÓN A: Viaxe á Grecia Clásica organizada por SEECGALICIA

  • Data: Carnavais 2009.
  • Prazas: 35
  • Destinatarios: socios da SEEC adultos (profesores e acompañantes) que nunca visitaran Grecia
  • Aloxamento-almorzo en hotel de ***
  • Punto de saída-chegada. Madrid (A viaxe Galicia-Madrid e regreso pódese facer dende os distintos aeroportos galegos, salvo que se atopase algunha oferta económica que compensase).

Programa xeral

  • 1ª Día: sábado: chegada a Atenas. Recepción hotel. Visita turística á cidade
  • 2º Día: domingo: mañá: Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Tarde: Excursión a Cabo Sunion (se o tempo o aconsella)
  • 3º Día: luns: mañá: a Grecia da Filosofía e da Historia: Partenón, a Ágora e os seus museos. Tarde: libre por Atenas para vivir o intenso “luns de carnaval” ateniense e compras.
  • 4º Día: martes: Peloponeso: mañá: a Grecia do Mito e do Teatro: Micenas (recinto arqueolóxico e museo), Nemea (recinto arqueolóxico e museo), Epidauro. Tarde: traslado a Olimpia
  • 5º Día: Mércores: Peloponeso: Mañá: a Grecia do Deporte: Olimpia (recinto arqueolóxico e museo)
  • 6º Día: xoves: mañá: a Grecia dos deuses: Delfos (recinto arqueolóxico e museo). Tarde regreso a Atenas: museo Benaki.
  • 7º Día: venres: Mañá: libre para compras. Tarde: regreso a Madrid.

*N. B: A orde deste itinerario semanal podería variar en función das diferentes disponibilidades das agencias.

OPCIÓN B: Viaxe á Grecia Clásica organizada por SEECGALICIA

  • Data: Carnavais 2009.
  • Prazas: 35
  • Destinatarios: Profesores socios da SEEC con grupos reducidos de alumnos (ata un máximo de 9 por profesor)
  • A SEEC ofrece esta modalidade de viaxe consciente de que son moitos os profesores aos cales lles gustaría levar aos seus alumnos a Grecia pero, debido á escaseza de matrícula nas súas materias, fáiselles inviable o proxecto no marco dunha excursión didáctica dun Centro Educativo.
  • Trátase, pois, de brindar a posibilidade de viaxar con grupos de catro-seis-dez alumnos de diversos centros de ensino de Galicia de forma que a viaxe poida resultar moito máis económica e atractiva.
  • Aloxamento-almorzo en hotel de ***
  • Punto de saída-chegada. Madrid. Vid. Nota do mesmo apartado Opción A.

Programa xeral

  • 1ª Día: sábado: chegada a Atenas. Recepción hotel. Visita turística á cidade
  • 2º Día: domingo: mañá: Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Tarde: Excursión a Cabo Sunion (se o tempo o aconsella)
  • 3º Día: luns: mañá: a Grecia da Filosofía e da Historia: Partenón, Ágora e os seus museos. Tarde: libre por Atenas para vivir o intenso “luns de carnaval” ateniense e compras.
  • 4º Día: martes: Peloponeso: mañá: a Grecia do Mito e do Teatro: Micenas (recinto arqueolóxico e museo), Nemea (recinto arqueolóxico e museo). Epidauro. Tarde, traslado a Olimpia
  • 5º Día: Mércores: Peloponeso: Mañá: a Grecia do Deporte: Olimpia (recinto arqueolóxico e museo)
  • 6º Día: xoves: mañá: a Grecia dos deuses: Delfos (recinto arqueolóxico e museo). Tarde regreso a Atenas: museo Benaki.
  • 7º Día: venres: Mañá: libre para compras. Tarde: regreso

No caso de que se preferise realizar esta modalidade de viaxe, cabe a posibilidade de facer diversas actividades didácticas vencelladas a mesma, como competicións por equipos (por institutos) nos distintos estadios olímpicos: Nemea, Olimpia, Delfos.

Asemade, tamén existe a posibilidade de que algún grupo poida realizar unha pequena representación de teatro (5-6 minutos) ou recitación de pasaxes de literatura grega nos recintos arqueolóxicos (Epidauro, Delfos).

Do mesmo xeito, tamén a posibilidade de ler unha pequena escolma de textos sobre a “gloria e morte de Agamenón” in situ, é dicir, no propio recinto de Micenas exactamente nos mesmos sitios onde o mito nos conta que sucederon os feitos (recepción de Clitemnestra, profecía de Casandra, asasinato de Agamenón…).

*N:B: a orde do itinerario semanal podería variar en función de as disponibilidades das axencias

OPCIÓN C: Viaxe á Italia Clásica organizada por SEECGALICIA

  • Data: Carnavais 2009.
  • Prazas: 35
  • Destinatarios: socios da SEEC adultos (profesores e acompañantes) que nunca visitaran Italia
  • Aloxamento-almorzo en hotel de ***
  • Punto de saída-chegada. Madrid (A viaxe Galicia-Madrid e regreso pódese facer dende os distintos aeroportos galegos, salvo que se atopase algunha oferta económica que compensase).

Programa xeral

  • 1º día: sábado: traslado a Roma. Recepción hotel: visita turística pola cidade: Fontana di Trevi, Piazza Spagna…
  • 2º día: domingo: Viaxe a Pompeia-Nápoles
  • 3º día: luns: mañá: Visita aos Museos Vaticanos (9-15). Tarde libre para compras.
  • 4º día: martes: mañá: visita externa da cidade: Basílicas, Trastévere, Barrio Xudeu; tarde libre para compras
  • 5º día: mércores: Viaxe a Florencia
  • 6º día: Xoves: mañá: Visita a Vila Borguese; tarde: Visita a Vila Adriana
  • 7º día: Venres: mañá: Roma Clásica (8,30-14,30). Tarde: regreso a Madrid.

*N. B: a orde do itinerario semanal podería variar en función de as disponibilidades das axencias.

OPCIÓN D: Viaxe á Italia Clásica organizada por SEECGALICIA

  • Data Carnavais 2009.
  • Prazas 35
  • Aloxamento-almorzo en hotel de ***
  • Destinatarios: Profesores socios da SEEC con grupos reducidos de alumnos (ata un máximo de 9 por profesor)
  • A SEEC ofrece esta modalidade de viaxe consciente de que son moitos os profesores aos cales lles gustaría levar aos seus alumnos a Grecia pero, debido á escaseza de matrícula nas súas materias, fáiselles inviable o proxecto no marco dunha excursión didáctica dun Centro Educativo.
  • Trátase, pois, de brindar a posibilidade de viaxar con grupos de catro-seis-dez alumnos de diversos centros de ensino de Galicia de forma que a viaxe poida resultar moito máis económica e atractiva
  • Aloxamento-almorzo en hotel de ***
  • Punto de saída-chegada. Madrid. Vid. Nota do mesmo apartado Opción A.

Programa xeral

  • 1º día: sábado: traslado a Roma. Recepción hotel: visita turística pola cidade: Fontana di Trevi, Piazza Spagna…
  • 2º día: domingo: Viaxe a Pompeia-Nápoles
  • 3º día: luns: mañá: Visita aos Museos Vaticanos (9-15). Tarde libre para compras.
  • 4º día: martes: mañá: visita externa da cidade: Basílicas,Trastévere, Barrio Xudeu; tarde libre para compras
  • 5º día: mércores: Viaxe a Florencia
  • 6º día: Xoves: mañá: Visita a Vila Borguese; tarde: Visita a Vila Adriana
  • 7º día: Venres: mañá: Roma Clásica (8,30-14,30). Tarde: regreso a Madrid.

*N. B: a orde do itinerario semanal podería variar en función de as dispoñibilidades das axencias.

Podedes enviar as vosas suxerencias a estes programas escribindo un correo a